CARRÁN CRISTADO (Thalasseus sandvicensis)

Charran patinegro 1 Charran patinegro 3

CHARRÁN PATINEGRO / GARAJAU / SANDWICH TERN
Sterna sandvicensis

38 cm de lonxitude × 100 cm de envergadura. Na plumaxe de verán o carrán cristado presenta unha boina negra coa caluga cristada que lle chega ata os ollos, máis no inverno perde parte da boina. O bico do carrán cristado é de cor negra máis coa punta amarela. As patas son negras. Os xuvenís aseméllanse moito aos adultos na plumaxe de inverno aínda que co peteiro completamente negro.

O carrán cristado aniña nas costas europeas e do norte de Africa e máis nas de America. Non aniña no Parque Nacional nin no resto de Galicia.

Invernante e migrador nas Rías Baixas, onde está presente entre agosto e marzo, esparexado por augas abrigadas da ribeira como esteiros, praias e portos.