GAVIOTA SOMBRÍA / GAIVOTA-D’ASA-ESCURA / LESSER BLACK-BACKED GULL
Larus fuscus
55 cm de lonxitude × 120 cm de envergadura. É unha gaivota grande co manto de cor gris lousa e
as patas de cor laranxa. Os xuvenís son pardos.
Especie migradora distribuída polas costas do Atlántico Leste e por Siberia. Nas Rías Baixas aniñan entre dúas e tres ducias de parellas, todas elas no Parque Nacional, maiormente na illa de Sálvora. A poboación reprodutora de gaivota sombría no Parque representa unha parte considerable das gaivotas escuras ibéricas (entre un cuarto e un terzo). No Parque tamén crían en Vionta e Onza.
Común nas Rías Baixas e no Parque Nacional durante os pasos migratorios (principios d’outono
e da primavera) e durante o inverno, período no que é doado atopar gaivotas escuras en tódolos bandos de gaivotas grandes. Durante os pasos obsérvanse bandos por veces numerosos de gaivotas escuras. Atópanse tanto en zonas de augas abrigadas e de esteiro como nas praias máis expostas.
Pénsase que colonizaron Galicia na década de 1970 (Rafael 1977). Entre Sálvora e Sisargas (Malpica) xuntan máis do 90% das gaivotas escuras galegas. Hai anos que as poboacións galegas de gaivota escura semellan estar a devecer, se cadra cunha taxa de declive preocupante.