GAVIÓN ATLÁNTICO / GAIVOTAO-REAL / GREAT BLACK-BACKED GULL
Larus marinus
70 cm de de lonxitude × 165 cm de envergadura. O gaivotón é a maior das gaivotas. O seu manto é negro e as patas son de cor rosa esvaído. Os xuvenís son pardos.
Distribúese polas costas do Atlántico Norte e nos Grandes Lagos de Norteamérica. O gaivotón é unha especie moi nova na avifauna galega e ibérica. Os primeiros datos de cría certa son de 2005, nos Farallóns de San Cibrao (Lugo). Polo de agora a cría de gaivotón na Península Ibérica só se ten comprobado en Galicia.
É unha das máis recentes incorporacións á avifauna de aves mariñas do Parque onde criou por vez primeira en 2008, en Sagres, illas nas que xa se viñas observando adultos durante o período reprodutor cando menos dende 2004. Nos últimos anos ven criando na illa de Vionta, preto de Sálvora. Esta parella marca o límite sur da área de distribución da especie no Atlántico Leste.
O gaivotón é unha especie migradora, sendo relativamente común no inverno. Varias ducias de gaivotóns pasan o inverno nas Rías Baixas e no Parque Nacional.