MASCATO EUROPEO (Morus bassanus)

Alcatraz atlantico 1 Alcatraz atlantico 2

ALCATRAZ EUROPEO / ALCATRAZ / NORTHERN GANNET
Morus bassanus

95 cm de lonxitude × 190 cm de envergadura.
 É un ave mariña grande, branca y coa punta das ás negras. Os xuvenís son de cor parda e lles leva de catro a cinco anos chegar á plumaxe branca dos adultos.

Distribúese pola costa atlántica do norte de Europa, e a meirande parte deles crían na Escocia. Non aniñan na Península Ibérica.

É doado observar mascatos nas augas de fóra do Parque Nacional durante practicamente o ano enteiro. Máis abondoso a finais da primavera e do outono (antes e despois da reprodución) e máis no inverno. Solitarios ou en bandos cativos.