Mascatos Sulidae
Os mascatos son un grupo de aves mariñas grandes, de corpo forte e alongado, cunha plumaxe que combina o branco e o negro. As ás son longas, estreitas e afiadas.
Alimentanse de peixe que capturan debaixo da auga. Para entrar na auga chóupanse de bico dende varios metros de altura.
Na Península Ibérica non cría especie ningunha de mascato, máis nas augas das Rías Baixas e do Parque Nacional é común a presenza do mascato europeo.
- Mascato europeo (Morus bassanus)