A finalidade deste portal é recompilar e achegarlle ao público o coñecemento existente sobre as aves mariñas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e da súa área de influencia, as Rías Baixas.
Neste portal atoparás:
Un repositorio de publicacións científicas e técnicas, moitas delas de acceso libre e listas para ser baixadas en formato pdf.
Táboas de datos cos censos das poboacións de aves mariñas e outros datos de interese.
Unha descrición da bioloxía e ecoloxía das especies de aves mariñas máis comúns no Parque Nacional e Rías Baixas.
Proxecto subvencionado ao abeiro da orde pola que se regulan as subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dos exercicios orzamentarios dos anos 2015-2016.
Administrado por: Ignacio Munilla