repositorio
Servidor ou recurso de rede onde se almacenan e manteñen contidos dixitais, arquivos informáticos, bases de datos e outros similares. (Dicionario da R.A.G.)
Contido
- Publicacións científicas (artigos de revistas científicas).
- Documentos académicos (teses doutorais).
- Informes técnicos non publicados.
Criterios
- A lo menos unha das especies estudadas é un ave mariña.
- Traballo de campo realizado total ou parcialmente no Parque Nacional ou na súa área de influencia, as Rías Baixas.
- Traballos baseados en mostras tomadas no Parque Nacional ou na súa área de influencia.
Instrucións
Neste portal existen tres vías principais para atopar documentos: mediante “CATEGORÍAS”, mediante “ETIQUETAS” ou coa ferramenta “BUSCAR”
- CATEGORÍAS: Ao picar no visor de categorías aparece unha lista encartable con dous tipos de categorías: nomes científicos das especies e tipo de documento (“publicación científica”, “informe” ou “tese”).
- ETIQUETAS: Picando na palabra desexada das que conforman a nube de etiquetas.
- BUSCAR: Esta ferramenta seleccionará calquera elemento de mardeaves.org no que apareza o termo de búsqueda, tanto documentos do repositorio como páxinas do sitio.
Para opter unha copia do documento en formato pdf basta con picar no título ou no símbolo que aparece xusto deseguido del. Nalgúns casos é posible que o enlace non dirixa directamente ao documento senon á páxina da editorial no que está aloxado. Nesa páxina atoparemos as instrucións pertinentes; polo común abonda con picar nun letreiro do tipo “download PDF”.
ESTE REPOSITORIO SO DA ACCESO A DOCUMENTOS DE ACCESO LIBRE (OPEN ACCESS) NOS QUE A COPIA DO MESMO É DE BALDE.
Se o documento que lle interesa non é de libre acceso pode probar a obtelo por medio dalgún buscador especializado (por exemplo Google Scholar) ou, mellor aínda, probe a pedirllo por email ao autor ou autora principal.
A Ficha
Cada documento conta coa súa súa correspondente ficha no repositorio. Na ficha consta a seguinte información:
- TÍTULO: En caracteres ben grandes o título oficial do documento.
- INFORMACIÓN DE ARQUIVO: O que interesa desta tira son os dous conxuntos de palabras separadas por comas. O primeiro (símbolo cartafol) coas categorías e o segundo (símbolo etiqueta) coas etiquetas que se lle aplican ao dcumento. Picando en calquera delas obtemos a respectiva selección de documentos coa mesma categoría ou etiqueta.
- CITA: Cita bibliográfica do documento co nome de autores e autoras, o ano de publicación, o título, e máis o nome, número e páxinas da revista na que foi publicado. En formato Nature ou Harvard.
- RESUMO: Copia do resumo do documento.