CORMORÁN GRANDE / CORVO-MARINHO / GREAT CORMORANT
Phalacrocorax carbo
90 cm de lonxitude × 140 cm de envergadura. Un ave mariña robusta, grande e completamente negra, coas meixelas abrancazadas e bico groso. No tempo da reprodución aos adultos branquéalles a caluga e máis presentan unha mancha branca na perna. Os xuvenís (ata os dous ou tres anos de idade) son de cor parda, máis claros por embaixo.
Este corvo mariño de distribución practicamente cosmopolita, esténdese polas costas do Atlántico europeo y polas do Mediterráneo máis non aniña en Galicia, aínda que é común como invernante, entre finais de agosto e primeiros de abril. Ocupa tanto a ribeira do mar como as augas interiores.
Nas Rías Baixas atópase principalmente no fondo das rías. No Parque Nacional existen varios lugares nos que se xuntan numerosos exemplares a facer noite como ocorre na banda oeste da illa de San Martiño (Cíes) o en Sagres (Arousa).