GAIVOTA DE CABEZA NEGRA (Larus melanocephalus)

Gaviota cabecinegra 1 Gaviota cabecinegra 2 Gaviota cabecinegra 3

GAVIOTA CABECINEGRA / GAIVOTA-DE-CABEZA-PRETA / MEDITERRANEAN GULL
Larus melanocephalus

37 cm de lonxitude × 100 cm de envergadura. Gaivota pequena e moi coas ás de cor gris clariño, brancas cara á punta. No verán (abril – agosto) os adultos presentan unha carapucha negra que se perde na plumaxe invernal. Bico e patas son de cor vermella. Os xuvenís aseméllanse moito aos adultos en plumaxe invernal.

E unha gaivota tanto de hábitats costeiros como de interior distribuída maiormente polas ribeiras do Mediterráneo. A meirande parte delas reprodúcense en Ucraína, mentres que a poboación reprodutora ibérica e dunhas poucas ducias de parellas. Non aniña no Parque nin no resto de Galicia.

Escasa nas Rías Baixas e no Parque Nacional, cando máis abunda é durante os pasos migratorios e no outono. A poboación invernante nas Rías Baixas é cativa aínda que semella estar a medrar dende hai algúns anos.

Atópase en zonas de augas abrigadas preto da ribeira: esteiros, praias, portos, máis tamén na costa baixa e rochosa.