GAIVOTA PATIAMARELA (Larus michahellis)

Gaviota patiamarilla 1 Gaviota patiamarilla 2 Gaviota patiamarilla 3 Juveniles

GAVIOTA PATIAMARILLA / GAIVOTA-DE-PATAS-AMARELAS / YELLOW-LEGGED GULL
Larus michahellis

60 cm de lonxitude × 130 cm de envergadura. É unha gaivota grande co manto gris e coa cabezo, rabo e partes inferiores de cor branca. A cor das patas no período reprodutor vai do amarelo ao laranxa. Os xuvenís son pardos.

Distribúese pola costa Mediterránea e pola costa atlántica da Península Ibérica. Cría na meirande parte das illas e illotes das Rías Baixas e máis en tódalas cidades e vilas. No Parque aniñan ao redor de16.000 parellas, unha parte considerable da poboación reprodutora total da especie e máis algunha das colonias máis numerosas. O reparto por arquipélago é: Cíes 7000 parellas, Sálvora 6000 e Ons 3000.

A poboación das Rías Baixas, mantense relativamente estable ao longo do ano, aínda que unha parte substancial dos xuvenís adoitan invernar no norte de Portugal. Abandonan as colonias en setembro e volven a elas a partires de marzo.

Está por todas partes en todo tipo de hábitats do litoral. Asócianse ás embarcacións de pesca en busca de descarte e tamén é doado observar grandes bandos a pescar patexo (Polybius henslowii) un cangrexo nadador que constitúe a base da súa dieta no verán.

A poboación reprodutora desta especie no Parque Nacional veuse reducida á metade nos últimos 10 años e os datos de seguimento indican que o declinar continúa.